Voluntariado (22 de novembro de 2009)

Para desenvolver o noso traballo de xeito satisfactorio, precisamos unha persoa voluntaria para as tardes dos mércores, aproximadamente de 16.30h a 19.30h.

O traballo realizaríase con mozos e mozas a partires dos 14 anos e tería que ver co reforzo educativo e as actividades de tempo de lecer.

Para contactar con nós, podes pasar pola parroquia os martes e xoves a partir das 6 da tarde, que é o horario de Atención Primaria que ten Cáritas.

Podes tamén chamar ao teléfono ou enviar un correo electrónico ao número ou á dirección que están indicados na páxina de inicio deste blog. Moitas grazas.




.